Publicador de contidos

Publicador de contidos

Monólogo dun Barça que podería colaborar coa permanencia ao Deportivo a vindeira xornada

Monólogo dun Barça que podería colaborar coa permanencia ao Deportivo a vindeira xornada

Pajor (2), Putellas e Aitana Bonmatí marcaron os goles do partido no Johan Cruyff (4-0)

O Deportivo Abanca precisa un punto para garantir a permanencia matemática si o Barcelona lle gaña ao Betis

G24.gal 04/05/2025 19:11

Non tivo historia o partido entre o Barcelona e o Deportivo Abanca. A superioridade do equipo catalán foi total e o resultado (4-0) quedou curto para os merecementos dun Barça que tivo máis de vinte tiros a portería por ningún do cadro coruñés. O dato da posesión (80% a 20%) tamén fala ás claras do monólogo que se viu no Johan Cruyff, algo agardado vista a calidade que ten o conxunto catalán. 

A polaca Ewa Pajor marcou os dous goles do primeiro tempo. No segundo anotaron as estelares Alexia Putellas e Aitana Bonmatí. O Deportivo Abanca pouco puido facer máis que defender con disciplina e non conseguiu fabricar ningún achegamento sobre a porta contraria. 

O positivo para o equipo de Fran Alonso é que o propio Barcelona lle pode dar a permanencia a vindeira xornada. Xogan no campo do Betis e unha vitoria daríalle o título da Liga Feminina e, de rebote, a permanencia para un Deportivo Abanca que podería conseguila a vindeira xornada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade