Moncho Fernández trata de recuperar a confianza do seu equipo
O Obradoiro xogará esta fin de semana en Valencia despois de tres derrotas consecutivas
O Obradoiro xogará esta fin de semana en Valencia despois de tres derrotas consecutivas. Moncho Fernández trata de recuperar a confianza do seu equipo. Particularmente polas derrotas que leva o Monbus Obradoiro e pola falta de acerto no tiro exterior. Aí reside a explicación do adestrador compostelán, que viaxa a Valencia con algún xogador tocado, pero sen converterse en baixa.
"É evidente que o estado animico aféctache. Chove sobre mollado. Erras e erras e volves errar".
"A receita é seguir tentándoo".
Mentres, o base do Valencia Basket, Shannon Evans, enfrontarase por segunda vez este curso ao Obradoiro, aínda que na primeira ocasión fíxoo defendendo a camiseta do Real Betis. Evans analiza a actual situación do Valencia:
"Tivemos un calendario moi cargado ata que acabamos a Euroliga. Agora temos máis tempo para estar xuntos traballando na pista. Debemos enfocarnos neses pequenos detalles e nas cousas que fixemos mal. Estes días de adestramento están a ser moi bos e estamos animados na recta final para estar no play off".