Goleada para certificar a undécima tempada consecutiva en Primeira
O Celta gañoulle 4-0 ao Alavés en Balaídos e pecha matematicamente a salvación
Será a undécima tempada consecutiva dos vigueses na máxima categoría
Minuto a minuto
Booooas tardes, o Celta recibe o Alavés en Balaídos!
Os vigueses buscan unha vitoria para certificar dunha vez a permanencia matemática logo dunha semana convulsa no extradeportivo polo caso Santi Mina
Esta é a aliñación elixida por Coudet
Y por el #RCCelta, jugarán... 🗣️🎙️#CeltaAlavés #LaLiga pic.twitter.com/Pw0WIPnjeR
— RC Celta (@RCCelta) May 7, 2022
Roda o balón en Balaídos!
Goooool do Celta! Marca Galhardo!
Gran xogada de varios pases e boa asistencia de Denis para o segundo tanto da tempada do brasileiro na súa volta á titularidade
Outra de Galhardo!
Caracoleou Aspas, bicicleta, pase da morte e non conseguiu rematar o brasileiro por moi pouco. O remate posterior de Kevin marchou fóra
Boa chegada do Celta, está con confianza Galhardo que iniciou moi ben a transición. O perigo rematou en córner e o Alavés despexou
Que ben entrou o Celta no partido!
Combinación entre Denis e Aspas e de novo córner forzado polos vigueses que o Alavés consegue despexar
Tentouno Edgar Méndez dende a frontal pero o seu remate marchou á dereita da portería de Dituro
Disparo manso de Aspas que atrapa sen problemas Pacheco
Gooooooool do Celta!
Marca Aspas logo dunha fermosísima combinación con Denis Suárez. 16º tanto do moañés, camiño do cuarto Zarra consecutivo
E logo do gol, berros de 'Denis quédate' en Balaídos
Tívoa Joselu!
Gran control de peito do de Silleda, pero frouxo remate que atrapou Dituro en dous tempos
Tempo de lecer en Balaídos co 2-0 no marcador
Gran primeira parte dos de Coudet, dominadores do balón e das ocasións de perigo. A destacar a conexión Denis-Aspas con boas aparicións de Galhardo
16 tantos e agora mesmo máximo goleador estatal o de Moaña

Comeza o segundo tempo!
Clarísima de Brais! O seu disparo marchou a rentes do pau dereito de Pacheco
Errou Aspas na definición!
Que gran entendemento entre Galhardo e Aspas, fermosa parede e o de Moaña quedou só diante de Pacheco, pero tentou canear e o cancerbeiro do Alavés adiviñoulle as intencións
Gooool do Celta, a sentencia!
Bo centro de Aspas e o balón entrou logo de tocala a partes iguais Cervi e Ximo Navarro (propia porta)
Moi clara para Galhardo! A xogada estaba anulada por fóra de xogo pero non foi quen de rematar o brasileiro
Cartón vermello para o Alavés e falta perigosa a prol do Celta!
Gooooool de Aspas! Como lle gusta facer o máis difícil!
A falta dende a frontal era boa, pero topou coa barreira. Logo diso controlou co peito e sen deixar que botara colocouna no fondo da rede
Ao pau Kevin! Que mágoa, era o tanto do nigranés o día no que cumpre 50 partidos coa celeste
Festa e triunfo importantísimo do Celta para pechar dunha vez por todas a salvación e esquecer o ruído mediático desta semana. Aspas acariña o zarra e Galhardo respondeu a súa titularidade
Os berros de "Denis quédate, Mouriño no, Denis si" resoaron en Balaídos. Bo partido tamén do de Salceda de Caselas