Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desacelérase o avance da sexta vaga en España e en varias comunidades autónomas comeza a baixar a incidencia

Desacelérase o avance da sexta vaga en España e en varias comunidades autónomas comeza a baixar a incidencia

O Ministerio de Sanidade notificou 159.161 novos casos

G24.gal 13/01/2022 20:33

As comunidades autónomas notificaron este xoves ao Ministerio de Sanidade 159.161 novos casos de covid–19, 70.803 deles diagnosticados nas últimas 24 horas, segundo os datos do departamento liderado por Carolina Darias.  

A cifra total de contaxios en España elévase xa a 7.930.528 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 3.156,63 puntos, fronte a 3.127,91 puntos de onte mércores. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 1.495.774 positivos.  

No informe deste mércores engadíronse 112 falecementos. Ata 90.620 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recolleitos polo Ministerio.  

Actualmente, hai 17.269 pacientes ingresados por covid–19 en toda España (17.028 mércores) e 2.227 en UCI (2.228 mércores). Nas últimas 24 horas producíronse 2.428 ingresos (2.466 mércores) e 2.176 altas (2.184 mércores). A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 13,87 por cento (13,71 % mércores) e na UCI no 23,62 por cento (23,77 mércores).  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade