Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mingueza recae da lesión e non estará diante do Almería

Mingueza recae da lesión e non estará diante do Almería

Mancouse o 24 de febreiro e comezara a adestrarse co grupo a semana pasada

G24.gal 31/03/2023 09:51

Óscar Mingueza non estará na convocatoria do partido contra o Almería. O defensa catalán do Celta resentiuse da lesión sufrida o pasado 24 de febreiro. Nun principio a recuperación estimárase en tres ou catro semanas. Mingueza cumpriu os prazos e volveu a Afouteza a mediados de marzo cumprindo o previsto. Pero a incorporación total ao traballo trouxo unha mala nova. Notou molestias e os servizos médicos estimaron que tiña que ir máis amodo e que a súa volta aos campos sería máis tarde. Mingueza perdeu os catro últimos partidos do cadro celeste. 

Solari tamén será baixa para xogar diante do Almería. As boas novas trouxéronas Gabri Veiga, ausente na convocatoria da selección sub21 por unhas molestias, e Óscar Rodríguez cos que contará Carlos Carvalhal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade