Mingueza: "Estar na zona baixa sempre xera presión"
O defensa do Celta Ósca Mingueza atendeu á Televisión de Galicia uns días antes de retomar a actividade ligueira diante do Sevilla. O polivalente xogador catalán agarda que este 2023 traia mellores resultados para o equipo de Carvalhal e que poidan afastarse canto antes da zona baixa da clasificación.
"Nunca estás cómodo nesa zona clasificatoria. Cando xogas con algo de colchón e te podes permitir algún erro os partidos xa se afrontan doutro xeito", recoñeceulle Mingueza a Xosé Manuel Moldes.
O rival do vindeiro venres, o Sevilla, tamén chega moi presionado ao partido. Está en postos de descenso vive uns momentos moi complicados. "Teñen moitas baixas pero en condicións normais estaría pelexando por un top 5 e seguro que co equipo que teñen van ir cara arriba", comentounos Mingueza.