Mingueza, dúbida para o domingo cunha lesión na coxa dereita
Hugo Mallo ou Kevin, as opcións para substituír un xogador indiscutible para Carvalhal
No Celta están pendentes dos resultados das probas médicas para coñecer o alcance da lesión de Óscar Mingueza, quen se mancou no adestramento do venres pola mañá. Polo momento é dúbida para o partido deste domingo ante o Valladolid á espera que os servizos médicos do conxunto vigués confirmen a gravidade da lesión na "cara anterior da coxa dereita".
🏥 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄́𝐃𝐈𝐂𝐎.
— RC Celta (@RCCelta) February 24, 2023
Óscar Mingueza ha sufrido, durante el entrenamiento, una lesión en la cara anterior del muslo derecho.
Está pendiente de pruebas para confirmar el diagnóstico final.
¡Ánimo, Óscar! pic.twitter.com/F1ergbKTQB
Mingueza é un dos indiscutibles para Carvalhal desde a súa chegada. Ben como lateral, como central ou como mediocentro o ex-xogador do Barcelona sempre tivo un oco no once do adestrador portugués. No caso de confirmarse a lesión, as opcións serían as de Hugo Mallo ou Kevin para ocupar ese lateral dereito.