Millene: "O do Sevilla seguramente sexa un dos partidos máis importantes da tempada"
A dianteira brasileira pediu o apoio da afección para o duelo ante o Sevilla

Despois de afrontar a súa primeira suplencia en Liga F ante o Athletic Club, na xornada 24, Millene Cabral cargou o equipo ás súas costas. E quíxoo demostrar a base de goles e asistencias que achegan ao Deportivo a lograr a salvación.
Pode ser este domingo, no partido ante o Sevilla (12:00 horas en Riazor), cando o conxunto branquiazul certifique a salvación. A '10' aproveitou para pedir á afección o seu apoio, tras recibir o premio Estrela Galicia á mellor xogadora do mes de abril.
"Sabemos da importancia do partido. Estamos a afrontalo con esa importancia. O equipo está enfocado en conseguir o obxectivo e esta fin de semana farémolo o mellor que podamos para salvarnos".
Falou tamén de como foi a semana a nivel anímico.
"Estamos moi ilusionadas porque é un momento clave da tempada. Estamos máis unidas que nunca porque esa é a maneira para poder conseguir o obxectivo.