Publicador de contidos

Publicador de contidos

Militares europeos inician na Groenlandia reclamada por Trump uns exercicios

Militares europeos inician na Groenlandia reclamada por Trump uns exercicios

A voceira do Goberno estadounidense di que a presenza de militares europeos non fará cambiar de opinión a Trump

Chegan a Groenlandia militares de varios países europeos
G24.gal 17/01/2026 14:25 Última actualización 17/01/2026 15:08

Pequenas dotacións de militares de Francia, Alemaña, Suecia, Noruega e o Reino Unido participan en Nuuk , a capital de Groenlandia, nuns exercicios dirixidos polo exército de Dinamarca.

Trátase dunha acción simbólica de apoio fronte ás pretensións anexionistas da illa formuladas polo goberno norteamericano de Donald Trump. Os responsables do operativo suliñan que tamén invitaron aos Estados Unidos.

"Non vexo a un aliado da OTAN atacando outro aliado da OTAN; pero, por suposto, se Rusia ataca Groenlandia o noso encargo é defendela, e faríamolo con tropas danesas en colaboración coa Alianza", di Soren Andersen, xefe do mando ártico de Dinamarca.

Polo momento o grupo máis numeroso de militares estranxeiros chegados a Groenlandia é o frances con quince integrantes. Todos os gobernos europeos que enviaron militares á illa dependente de Dinamarca suliñan que se trata dunha misión de recoñecemento.

Tamén chegou a Dinamarca unha delegación norteamericana, composta por nove congresistas demócratas e dous senadores republicanos, que aseguraron que o Congreso estadounidense apoia á OTAN e ós seus aliados.

Trump ameaza con máis aranceis

Desde Washington, o presidente norteamericano Donald Trump segue esixindo o control de Groenlandia, ameazando con novos aranceis aos países que se opoñan aos seus desexos.

A voceira do goberno estadounidense sinalou que a presenza de militares europeos en Groenlandia non fará cambiar de postura ao presidente Trump.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade