Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miku: “Os meus dous anos na India fixéronme valorar o que teño”

Miku: “Os meus dous anos na India fixéronme valorar o que teño”

O dianteiro, disposto a renovar polo Deportivo

Un ollo en Oleiros e outro en Venezuela

G24.gal 20/01/2022 15:45

O dianteiro e máximo goleador do Deportivo, Nicolás Fedor "Miku", pasou por Zona mixta para repasar a actualidade dos branco e azuis e tamén falar de temas diversos

Un home tranquilo

A súa experiencia na India marcouno profundamente e desde entón vive a realidade doutro xeito, como relatou nos micrófonos da Radio Galega:

“A India foi unha viaxe espiritual que me dixo: ‘Guau! Que equivocados estamos"

“Os meus dous anos na India axudáronme moito a coñecerme, a valorar o que teño, a ser moito máis transparente, moito máis espiritual”

"Os futbolistas de elite vivimos nunha burbulla. Igual tes 40 pares de zapatos, pero só dous pés, para que queres máis?"

Así tamén contou que trata de transmitir tranquilidade no vestiario, rebaixar euforias e trasladar o que aprende co psicólogo ao que vai.

"Teño amigos que son apaixonados do fútbol, pero son electricistas. Eu teño a sorte de conxugar a miña paixón e o meu traballo"

Os grandes goleadores non teñen idade

Dixo que non era momento para falar da súa renovación, porque cre que pode distraer do obxectivo do ascenso, pero tamén deixou claro que no caso de que o Deportivo o queira, vai ser doado facelo.

“Se o club está contento, renovarei, será un cafeciño e rapidiño”

Venezuela na memoria; Oleiros, o seu fogar

A súa familia en gran parte segue en Venezuela, á que non vai desde hai catro anos, pero considera A Coruña o seu fogar. Os cambios na súa vida só foron posibles pola súa muller e seu irmán, que sempre o apoiaron e nunca tiveron medo a trocar de lugar de residencia.

Nicolás Ladislao Fedor Flores, Nicolás Ladislao Fedor Flores, "Miku" con Javi Torres, da Radio Galega, en Abegondo.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade