Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miguel Méndez: "Non hai nada máis importante que gañar este partido"

Miguel Méndez: "Non hai nada máis importante que gañar este partido"

Ademais do pase a semifinais do Europeo, España xoga unha das cinco prazas que dan a clasificación directa ao Mundial 2026

G24.gal 24/06/2025 17:33 Última actualización 24/06/2025 17:48

O adestrador vigués da selección española feminina de baloncesto, Miguel Méndez, afirmou que "non hai nada máis importante" que gañar o partido de cuartos de final do Eurobasket 2025 ante República Checa para, así, asegurar a súa clasificación para o Mundial 2026.

Ademais do pase a semifinais, España xoga unha das cinco prazas que dan a clasificación directa ao Mundial 2026, que se disputará do 4 ao 13 de setembro do próximo ano en Berlín, e que xa ten asegurada a presenza das europeas Alemaña, Hungría e República Checa.

No adestramento deste martes no Pireo (Grecia), na véspera do choque ante as checas no Estadio da Paz e a Amizade, Méndez quixo restar importancia ás predicións que sitúan a España como favorita e deixou ben claro que o equipo coñece "cal é a súa ruta" e remarcou a importancia de non perder ningunha cita "polo ben do baloncesto español".

Así mesmo, recoñeceu que a pesar de ter un bloque novo e cun gran futuro, agora están ante unha grande oportunidade no presente torneo:

"O futuro vai en moi boa liña para o que nos vén nas próximas tempadas, pero metidos en cuartos de final impórtanos só o futuro inmediato"

"Se para gañar este partido temos que xogar con catro bases ou dúas pivotes xuntas, farémolo"

Se gaña este encontro, España medirase en semifinais coa vencedora do duelo entre Francia, actual subcampioa olímpica, e primeira do grupo A, e Lituania, que accedeu a cuartos como segunda do grupo B.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade