Publicador de contidos

Miguel Llorente marcha do Deportivo negando un comportamento racista

Miguel Llorente marcha do Deportivo negando un comportamento racista

Adule é unha xogadora que, no partido de Pradejón, non quixo saír xogar

G24.gal 02/06/2022 15:26 Última actualización 02/06/2022 15:34

Tras o anuncio do Deportivo da decisión de prescindir dos servizos de Miguel Llorente como adestrador do Dépor ABANCA, o técnico madrileño fixo análise da tempada e valorou a resolución por parte do club asegurando que “a entende e que lle parece o mellor”.

“Estou aliviado e agradecido ao club e á afección, sobre todo por esta última serán que nos deu en Riazor. Foi unha etapa curta, pero intensa na que tivemos todos unha aprendizaxe que nos servirá seguro nun futuro. O que dixen despois da rolda de prensa de Ana González, autocrítica. Se esta tempada foi como foi, eu como responsable teño parte de culpa“.

“Xa tiña a conciencia tranquila, agora máis. Adule é unha xogadora que, no partido de Pradejón, a falta de cinco minutos, non quere saír a xogar. Por mor dese partido, hai unha tarefa que non quere facer no adestramento porque di que non quere correr e, obviamente, a semana seguinte queda desconvocada. A partir de aí actívase todo, por tanto claro que estou tranquilo. Iso non é racismo, é simplemente fútbol".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos