Publicador de contidos

Publicador de contidos

Míchel Salgado: "Agora si hai oportunidades para que este equipo sexa máis galego e da canteira"

Míchel Salgado: "Agora si hai oportunidades para que este equipo sexa máis galego e da canteira"

Míchel Salgado presentou hoxe en Vigo a quinta edición do seu torneo de fútbol base, MS2Cup

G24.gal 12/06/2024 18:01 Última actualización 12/06/2024 18:08

Temos a Míchel Salgado por Galicia, e este mediodia presentou o torneo de futbol base que apadriña. Aproveitou para analizar a situación do Celta. Míchel Salgado aplaude a valentía do club para confiarlle o equipo a Giráldez nun final de liga tan sufrido. Toda unha declaración de intencións. 

Míchel Salgado pertence a outro mundo celeste, aquel no que só baixo circunstancias moi excepcionais un canteirán chegaba ao primeiro equipo.

"Agora o Celta, non só ten xogadores senón tamén un adestrador da casa, a quen quero felicitar"

Salgado valora o paso adiante dado polo Celta cos xogadores da súa canteira, co adestrador galego, e cunha maneira de xogar ao fútbol coa que goza.

"Non tiñamos a sorte de chegar ao primeiro equipo, e é moi bonito velos xogar agora... Miguel, Sotelo, con Aspas. Desfrutando do Celta"

O exlateral defende o fútbol autóctono como base e cerna do proxecto celeste e manda un recado á rapazada en formación nas categorías base.

"Os canteiráns xa ven que agora si hai oportunidades para que este equipo sexa máis galego e da canteira"

Míchel Salgado presentou hoxe en Vigo a quinta edición do seu torneo de fútbol base, MS2Cup, que arranca este sábado con máis de 1.500 rapaces e rapazas participantes e 200 equipos en competencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar