Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mensaxe dunha sobrevivente da covid aos non vacinados: "Invitaríaos un par de días a ver o que ocorre nas UCI"

Mensaxe dunha sobrevivente da covid aos non vacinados: "Invitaríaos un par de días a ver o que ocorre nas UCI"

Máis de 180.000 galegos superaron a covid

 A maioría cualifican a súa convalecencia como un momento moi duro e pídenlles aos non vacinados que reflexionen

G24.gal 15/11/2021 14:02

Pilar, de 56 anos, dá a covid por superada despois dun ano de secuelas e recaídas. Cóntanos que, malia padecer esclerose múltiple, pasou a enfermidade na casa con síntomas pouco graves.

"Eu puiden respirar, non tiven febre. O único que tiven moitos problemas estomacais, mareos e mesmo taquicardias".

Así, durante meses, cunha fatiga extrema e encadeando síntomas. Ata que conseguiu volver ao traballo.

"Dixen, a vida segue, e que me dea o aire. Pero ás veces mal, ás veces tiña que parar porque me faltaba o aire, sen ter tose. Pero para min vir traballar foi vida".


María Mosquera superou a covid hai agora un ano. Está convencida de que non estaría viva de non ser por unha amiga que deu alerta. 

"Eu, se non chega a ser por ela, non estaría aquí, para nada. Avisou a meus pais porque eu é moi raro que non colla o teléfono. Meus pais avisaron a policía e viñeron e xa estaba inconsciente".


Pasou seis días entubada en UCI e outros 11 en planta dos que garda unha mensaxe para os non vacinados.

"Invitaríaos a que pasasen uns días onde estiven eu, un par de días na UCI, nada máis, para que visen que é verdade".

Pilar tardou case un ano en recuperarse por completo Pilar tardou case un ano en recuperarse por completo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade