Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medra a alarma social polas picadas despois de dúas denuncias na Coruña e Vigo

Medra a alarma social polas picadas despois de dúas denuncias na Coruña e Vigo

Unha moza da Coruña desmaiouse ao saír dunha discoteca e atopou unha marca sospeitosa no nocello

O concello de Cambados desmente que houbera picadas nos concertos do Albariño

 

G24.gal 04/08/2022 14:51

A policía investiga o caso dunha moza que se desmaiou á saída dunha discoteca na Coruña e atopou despois unha marca sospeitosa no nocello. Mentres se esclarecen os feitos e a intención das picadas, esténdese o medo. Onte saltaron as alarmas nun concerto das Festas do Albariño.

"Dicían que picaran as mulleres e que houbera desmaios", comentan os veciños pola rúa.

O Concello desmente que houbese picada ningunha, confirma que non hai denuncias na zona e fala dunha noticia falsa. Confirman que houbo desmaios, pero motivados pola calor, as colas de espera e os nervios, ningún con síntomas compatibles coa submisión química.

"Xerouse unha histeria colectiva ao ver o bulo nas redes, nerviosismo que derivou en que os servizos de asistencia atenderan vinte persoas, pero máis pola ansiedade e por lipotimias", explica o alcalde Samuel Lago. 

Ademais da moza coruñesa, en Vigo investígase tamén a denuncia dunha muller que se desmaiou despois de sentir unha picada no brazo nas festas da Praia América. A analítica xa determinou que non había restos tóxicos no sangue.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar