Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mbappe festexa a renovación co PSG cunha tripla

Mbappe festexa a renovación co PSG cunha tripla

O PSG amosou o seu músculo deportivo e económico coa prolongación do contrato da súa estrela ata 2025

G24.gal 22/05/2022 10:56

Kylian Mbappe festexou a renovación co PSG ata o 2025 cunha tripla para despedir a temporada. A depresión en que quedara sumido o conxunto francés coa eliminación da Champions a mans do Real Madrid quedou, en parte, remendada con algo que parecía imposible meses atrás. 

Mbappe é o xogador do momento. Acabou a temporada con 28 goles como máximo goleador da Ligue 1 e capitaneará o proxecto parisiense das vindeiras temporadas. A seguinte, a carón de Neymar e Messi. 

Foi unha xornada emotiva no Parque dos Príncipes coa despedida de Ángel Di María, que despois de 7 temporadas (5 títulos de liga) deixou o PSG e fíxoo marcando o derradeiro gol do campionato. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar