Publicador de contidos
Publicador de contidos

Max Svensson chega ao Deportivo cedido polo Español

Max Svensson chega ao Deportivo cedido polo Español

É fillo do lendario porteiro de balonmán sueco Tomas Runar Svensson, que xogou 18 temporadas na Liga ASOBAL

G24.gal 01/09/2022 18:16 Última actualización 01/09/2022 18:34

Max Svensson Río (Barcelona, 8 de novembro de 2001) converteuse en novo xogador do Deportivo, cedido polo Español ata o próximo 30 de xuño.

Fillo do lendario porteiro de balonmán sueco Tomas Runar Svensson, que xogou 18 temporadas na Liga ASOBAL, Max naceu en Barcelona durante a época en que o seu pai defendeu o marco do conxunto azulgrá. A pesar de ter que trasladarse a Alemaña antes do seu primeiro aniversario, con 3 anos regresou a España e con 10 á Cidade Condal, onde se formou nas categorías inferiores do propio FC Barcelona, CF Gavà, UE Cornellá e, finalmente, RCD Español.

Max Svensson aterrou no conxunto 'perico' no verán de 2018 para acabar o seu ciclo formativo con dúas campañas no xuvenil espanyolista, en que anotou 19 goles. Na temporada 2020-2021 deu o salto ao filial, co que xogou as dúas últimas temporadas. A primeira, na extinta Segunda B (26 partidos, 16 de titular, e 3 goles). A segunda, en Segunda RFEF (32 encontros, 28 de titular, e 9 tantos), na que ademais participou nun choque de playoff de ascenso a Primera RFEF.

Na pasada campaña xogou 2 encontros máis de Copa do Rei co primeiro equipo, co que totaliza 125 minutos e 1 gol en 6 aparicións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade