Cargando resultados...
Martín de la Puente gaña en Múnic o primeiro torneo da temporada
Martín de la Puente gaña en Múnic o primeiro torneo da temporada
O vigués, número 3 do mundo, derrotou en tres sets o británico Gordon Reid
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2024/20240421/tin.jpg)
G24.gal
21/04/2024 11:51
Martín de la Puente festexou en Múnic o primeiro torneo en individuais desta temporada, o Allianz Trophy. O vigués, número 3 do mundo, derrotou a Gordon Reid (4) en tres sets cun agónico 2-6, 7-5, 7-6 (5).
De la Puente completou un gran torneo no que comezou derrotando o polaco Kamil Fabisiak, en cuartos de final pasoulle por riba ao alemán Steffen Sommerfeld (6-0, 6-0) e nas semifinais gañoulle ao número 5 do mundo, o francés Stephane Houdet (7-6, 6-2).