Cargando resultados...
Marlaska nega que se ceda a Cataluña o control da fronteira
PP e Vox pediron a dimisión do ministro do Interior na sesión de control ao Goberno
G24.gal
12/03/2025 15:02
Na sesión de control ao Goberno deste mércores, o Partido Popular e Vox pediron a dimisión do ministro do Interior polo pacto asinado con Junts en materia de inmigración.
Fernando Grande-Marlaska, pola súa parte, nega que se ceda o control das fronteiras e insiste en que a Garda Civil e a Policía Nacional seguirán en Cataluña. "Non hai cesión do control de fronteiras nin cesión dos fluxos migratorios irregulares, a Policía Nacional seguirá dicindo quen entra e quen sae das fronteiras españolas en Cataluña e selando o pasaporte", insistiu o ministro do Interior