Cargando resultados...
Markkanen, a grande ameaza para que España chegue á semifinal do Eurobásket
O xogador finlandés acaba de facer 43 puntos ante Croacia
"Se os deixas xogar poden volverte tolo", asegura Scariolo
G24.gal
12/09/2022 22:15
No Eurobásket España enfróntase a Finlandia este martes en cuartos de final. O seleccionador Sergio Scariolo advirte da complexidade do rival. Malia non teren o nome doutros equipos, os finlandeses gañáronlle a Croacia con 43 puntos da súa estrela Markkanen.
España espertou moitas dúbidas na primeira fase, pero o partido contra Lituania reforzou as súas aspiracións de facer algo importante neste campionato.