Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mario Soriano: "Fíxose un equipo moi bo e moi competitivo"

Mario Soriano: "Fíxose un equipo moi bo e moi competitivo"

Os de Hidalgo recibirán un invicto Sporting o sábado

Foto Deportivo
G24.gal 03/09/2025 13:29 Última actualización 03/09/2025 13:38

Mario Soriano pasouse hoxe pola sala de prensa de Abegondo nunha semana atípica, curta, onde o Dépor, tras xogar o luns en Leganés, recibirá a un invicto Spórting o sábado.

"Estamos con ganas. É unha semana curta ao xogar luns e sábado pero así chega antes o partido" explicou.

Será o cuarto encontro dunha campaña que quere gozar ao máximo.

"Fíxose un equipo moi bo e competitivo. Hai variantes para cada partido e haberá competitividade sa durante a semana. Reforzámonos moi ben para unha tempada longa. Necesitaremos a todos"

Soriano cre que o Dépor chega en bo momento tras conseguir empatar ante o Leganés.

"Despois de como empezamos e encaixar o segundo gol, a segunda parte o equipo deu moi boa cara, viuse que queriamos ir polo partido e se hai uns minutos máis podiamos traer os tres puntos. Empatar en Butarque cun recentemente descendido é un bo punto".

En Madrid viuse un equipo con dúas caras. A metamorfose chegou ao descanso cun triplo cambio e a variación do debuxo inicial do equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade