Cargando resultados...
A nova lei de tráfico decepciona o Club de Automobilistas Europeos Asociados
O seu presidente, Mario Arnaldo, di que de novo incide nos aspectos sancionadores sen resolver outros referentes a mobilidade persoal ou seguridade
G24.gal
07/12/2021 20:40
O presidente de Automobilistas Europeos Asociados, Mario Arnaldo, aseguraba esta tarde na Radio Galega que a nova lei de tráfico deixa moitos aspectos da condución sen resolver.
"No referido aos patinetes, a norma non aclara se terán que estar matriculados ou se precisan seguro"
Arnaldo cre que as sancións son un fracaso porque actúan a touro pasado.
"Pedimos que se implanten outro tipo de medidas, como por exemplo, que os teléfonos móbiles recoñezan por defecto que están nun vehículo e se poñan automaticamente en modo avión"