Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marilar Aleixandre: O Premio Nacional de Narrativa recoñece a calidade da literatura en galego

Marilar Aleixandre: O Premio Nacional de Narrativa recoñece a calidade da literatura en galego

As librarías súmanse ao recoñecemento expoñendo a prolífica produción da autora e invitando a descubrila

G24.gal 26/10/2022 21:20 Última actualización 26/10/2022 21:32

O pasado da coruñesa rúa Galera é o escenario de As malas mulleres, novela de Marilar Aleixandre que mereceu o Premio Nacional de Narrativa 2022.

A flamante premiada asegura que lle preguntou a moita xente por que se chama rúa Galera, e só unha lle soubo dicir que alí estaba o cárcere.

A finais do século XIX alí existía o penúltimo cárcere de mulleres condenadas a galeras, de aí o alcume do edificio, que quedou definitivo na rúa.

Un duro universo penitenciario que intentaron mellorar Concepción Arenal e Juana de Vega. Elas e a presa Pepa a Loba aparecen en As malas mulleres, canda Sisca, a protagonista de ficción, no afastado 1863, coa poesía de Pondal e Rosalía de Castro de fondo.

"Hai xente que me di, é unha novela feminista, eu son feminista... e atende neste caso, as 300 mulleres presas na Galera, unha historia que sempre queda nas marxes", coméntanos.

Bióloga madrileña residente en Galicia, adoptou o galego para escribir a súa obra. As malas mulleres tiña xa o Premio Blanco Amor. Para a autora, este Premio Nacional recoñece o bo momento da literatura galega como os outorgados a Xesús Fraga ou Ismael Ramos.

E fai, fachendosa, unha predición.

"Penso que escritora galega é a primeira vez, pero non vai ser a última".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade