Marián Mouriño, optimista coas contas do Celta despois da clasificación para Europa
Apenas cinco días despois de festexar na praza América a clasificación para Europa e o seu 50 aniversario... A presidenta do Celta mudou o xesto, púxose seria e falou das contas. Da importancia de acabar de sétimos que supón agora non ter que vender a ningún xogador importante.
Aclaradas as cartas coas que van xogar, Marián insistiu en que, en Europa, o Celta seguirá a ser un proxecto de canteira, liderado por Claudio.
E logo falou de nomes e de postos. Comezando pola portería, posto que afirmou que se vai reforzar. E tamén dixo que quere que sigan Borja Iglesias e Ilaix.
Pois xa ven que mentres uns aínda festexan, o Celta europeo xa está en marcha. Pendente do equipo, da visita a Balaídos do persoal da UEFA a vindeira semana e o das obras de Afouteza pro proxecto G360, segundo Marian, chave pro futuro do Celta.