Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marián Mouriño: "O CTA recoñeceu o seu erro e hai que aceptalo"

Marián Mouriño: "O CTA recoñeceu o seu erro e hai que aceptalo"

Onte o CTA sacou o comunicado sinalando o erro de Cuadra Fernández

O CTA di que o gol debeu ser válido porque o toque do defensor foi xogo voluntario

G24.gal 18/02/2026 12:48 Última actualización 18/02/2026 15:54

Hoxe compareceu ante os medio a presidenta do Celta Marián Mouriño, antes de partir con destino Salónica para enfrontarse ao PAOK na ida dos dezaseisavos da Europa League. A máxima responsable do club olívico valorou de forma positiva que o Comité Técnico de Árbitros recoñecese o erro de Cuadra Fernández na anulación do gol de Borja Iglesias por un fóra de xogo inexistente. 

"É unha mágoa para o equipo porque sería un resultado diferente para nós. Dariamos ese paso na táboa e pasar ao Español".

"Neste caso prexudicounos e hai que aceptalo así, agradecerlles que o valoren, que o aceptaran e que tomen as medidas para que estas cousas non sigan pasando".

No comunicado sacado onte, o CTA di que, segundo a regra 11, o fóra de xogo, un xogador en posición adiantada non será sancionado se recibe o balón dun adversario que xoga voluntariamente o balón, o que implica que o xogador defensor debe ter control corporal pleno.

Para o CTA, o toque do defensor do español é xogo voluntario, xa que ataca o balón con pleno control corporal. Por tanto, o gol debeu subir ao marcador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade