María Yáñez fálanos da presentación do documental 'Kiro' no OUFF
Kiro lembra a vida da que foi a gran diva da canción lixeira e a súa repercusión nun tempo marcado pola emigración
Ana Kiro apostou por cantar en galego e foi compositora e letrista dalgúns dos seus éxitos
Emigrantes, familia ou cantantes como Sés ou Grande Amore participan na cinta
Hoxe por fin, Kiro estará nunha sala de proxeccións. Será no OUFF, con público diante.
O documental ten unha progresión no discurso, non só é unha vida contada cronoloxicamente. O primeiro audio é de Latinoamerica e as primeiras imaxes son para Barcelona.
Ana chegou de nena a Cataluña e alá pasou trinta anos. E hai unha mirada a esa emigración, ao que supuxo a como era, a unha comunidade no exterior que se cohexionaba con elementos como a música.
O documental repasa a vida dunha das figuras da cultura, a música e a televisión en Galicia.