Publicador de contidos
Publicador de contidos

María Gámez dimite como directora xeral da Garda Civil

María Gámez dimite como directora xeral da Garda Civil

A súa renuncia débese a investigacións que afectan o seu home por adxudicacións da Junta de Andalucía

Será substituída pola delegada do Goberno en Madrid, Mercedes González

G24.gal 22/03/2023 13:51 Última actualización 22/03/2023 19:28

María Gámez, directora xeral da Garda Civil desde o ano 2020, anunciou a súa dimisión horas despois de que a xustiza citara o seu marido para comparecer como investigado por corrupción nunha peza separada do caso dos ERE de Andalucía. Xustificou a súa renuncia para protexer a súa familia e para non prexudicar a Garda Civil.    

María Gámez, exdirectora xeral da Garda Civil, "non vou permitir que alguén poida utilizar a miña circunstancia persoal para danar a Garda Civil nin os seus representantes. Nin tampouco o Goberno de España, do que tan orgullosamente formei parte".

O ministro do Interior di que a renuncia de Gámez é inxusta pero necesaria, e pona como exemplo de calidade democrática.

Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior, "lamento esta renuncia pero acepteina conmovido polo seu xesto, que é un exemplo de honestidade, de lealdade a uns principios e de decencia democrática que debe estenderse a todos os ámbitos da vida pública".

Gámez foi a primeira muller en dirixir a Garda Civil nos seus 178 anos de historia. Substitúea outra muller, a delegada do Goberno en Madrid, Mercedes González, será a nova responsable do instituto armado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar