Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marcos Nogueiras do BNG será o novo alcalde de Vilar de Santos en Ourense

Marcos Nogueiras do BNG será o novo alcalde de Vilar de Santos en Ourense

A asemblea local dos nacionalistas elixiu por unanimidade ao actual tenente de alcalde para relevar a Colmenero, que deixou o cargo por motivos persoais

 

G24.gal 29/10/2025 15:21

O nacionalista Marcos Nogueiras será o novo alcalde da localidade de Vilar de Santos en Ourense tras presentar este luns a súa dimisión o ata o de agora rexedor, Rubén Colmenero, por motivos "persoais e urxentes" despois de substituír no cargo en febreiro a Antonio Míguez.

A asemblea local do Bloque no municipio decidiu este martes a última hora e por unanimidade, que o actual tenente de alcalde, Marcos Nogueiras, sexa o candidato para suceder a Colmenero á fronte do consistorio local.

O que será novo rexedor, enxeñeiro industrial de formación e que rexenta unha explotación agraria na localidade, agradeceu a confianza depositada nel pola organización e asegurou que afronta esta nova etapa "con moita ilusión, responsabilidade e compromiso co proxecto colectivo do BNG".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade