Publicador de contidos

Publicador de contidos

O voto por correo bate marcas con 2,4 millóns de sufraxios emitidos

O voto por correo bate marcas con 2,4 millóns de sufraxios emitidos

É un 99,08 % máis respecto ao número total de votos admitidos nas eleccións xerais de abril de 2019

En Galicia, 139.068 persoas do censo de residentes nas catro provincias exerceu o seu dereito a través deste sistema 

G24.gal 22/07/2023 11:01 Última actualización 22/07/2023 21:39

Máis de 2,47 millóns de persoas depositaron o seu voto nas oficinas de Correos para os comicios deste 23 de xullo, o que representa o 94,2 % das solicitudes admitidas. É o cociente máis alto alcanzado nunhas eleccións xerais desde 2008, o primeiro ano con rexistros estatísticos homologados.

Segundo explica Correos nunha nota de prensa, supón un 99,08 % máis respecto ao número total de votos admitidos nas xerais de abril de 2019 (1.241.716) e un 82,06 % por riba respecto ás de xuño de 2016 (1.357.745) que, ata o de agora, tiña o récord.

Ademais, a diferenza entre solicitudes e votos admitidos situouse no 5,8 %, o cociente máis baixo rexistrado en todos os procesos electorais, fronte ao 7,8 % en abril de 2019, o 6,6 % en xuño de 2016, e a media do 7,3 % se se consideran as eleccións xerais celebradas desde 2008.

Datos de Galicia

En Galicia, un total de 139.068 persoas do censo de residentes nas catro provincias xa exerceu o seu dereito a voto a través deste sistema.

Con estes datos, que fan referencia ao peche ás 14:00 horas deste venres, o voto por correo case multiplica por tres o emitido nas últimas xerais de 2019, cando foron 44.301 votos os recibidos en custodia o último xoves de campaña electoral.

En concreto, exerceron o seu voto 56.516 persoas na Coruña; 41.895 en Pontevedra; 20.538, en Ourense; e 20.119, en Lugo.

Se o comparamos coas eleccións xerais de 2019, son algo máis de tres veces máis na Coruña, preto do triplo no caso de Pontevedra e 3,5 veces máis no de Lugo, a que máis sobe en voto por correo en relación ao proceso anterior.

Ao peche do prazo para solicitar o voto por correo, contabilizáronse en Galicia un total de 146.144 solicitudes, o que supuxo tamén máis do triplo con respecto a 2019. Deste xeito, exerceron o seu voto o 95,1% do censo galego que o solicitou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade