Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manu Barreiro, a catro goles de facer historia no Lugo

Manu Barreiro, a catro goles de facer historia no Lugo

Pode converterse no máximo goleador do cadro lucense na Segunda División

Colle a remuda de Pita, Seoane e Iriome como líder do vestiario

G24.gal 14/08/2022 10:39

Polas escaleiras do Anxo Carro baixará o luns Manu Barreiro disposto a principiar a súa quinta temporada no Lugo, un dato que o sitúa, actualmente, como o xogador máis veterano do plantel. O santiagués tomará a remuda de Pita, Seoane e Iriome coma líder do vestiario.

Barreiro afronta a nova campaña co obxectivo da permanencia e coa posibilidade de converterse no máximo realizador histórico do Lugo na Segunda División. O dianteiro necesita catro goles para superar os 31 de Cristian Herrera.

A Liga para o Lugo principia coa visita do Albacete do seu técnico da pasada temporada, Rubén Albés. Unha situación que para Manu, lles dá os lucenses unha lixeira vantaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar