Manolo Abalo: "O equipo regresará o ano que vén a esta categoría"
O presidente do Arousa falou para o Galicia en goles tras consumar o descenso a Terceira

As últimas xornadas teñen sempre vencedores e derrotados. Un deles foi o Arousa, que non foi quen de evitar o descenso a terceira división. O conxunto arlequinado tivo un penalti na recta final para evitar a queima, pero errouno. Tras o encontro, o presidente Manuel Abalo conversou coa Radio Galega sobre o descenso de categoría.
"É unha mágoa. Temos tristeza por non conseguilo. Creo que merecemos esta categoría. Hai que agradecer o apoio da xente. É certo que tiñamos que ter feitas as tarefas antes de tempo. Esta categoría ata creo que nos queda pequena, polo pobo"
Tras o descenso agora toca repoñerse e refacer o equipo, pero o presidente ten claro quen ten que ser o director da orquestra.
"Luisito vai ser o adestrador para o ano que vén. Así o decidimos cando chegou, e así se falou. É un adestrador que para o Arousa nos ven ben. É un arousista máis"
O presidente vilagarcían rematou a conversa moi emocionado pedindo desculpas á afección por esta derrota.