Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manifestantes antimonárquicos apupan a Carlos III con frases como "Non é o meu rei"

Manifestantes antimonárquicos apupan a Carlos III con frases como "Non é o meu rei"

O director do grupo antimonárquico Republic foi arrestado antes da coroación, xunto a cinco activistas máis

G24.gal 06/05/2023 21:18 Última actualización 06/05/2023 21:30

Mentres unha multitude vitoreaba o rei Carlos III cando realizaba o seu paseo tras a coroación, os manifestantes do grupo antimonárquico Republic apupárono e corearon frases como "Non é o meu rei".

O director deste grupo antimonárquico foi arrestado antes da coroación. A detención de Graham Smith e outros cinco activistas produciuse cando centos de manifestantes se reuniran na praza de Trafalgar con bandeiras e camisetas amarelas para amosar a súa oposición á monarquía.

"Sinto que a policía anotou un gol en propia porta, xa que a protesta de república será moito máis visible despois dos intentos da policía de tomar medidas drásticas", di un manifestante.

As protestas desenvolvéronse ante a atenta mirada das forzas de seguridade. 

"A nosa intención é amosar que hai un movemento republicano no Reino Unido, e está medrando cada día. As tendencias amosan que cada vez hai máis persoas ás que non lles gusta a monarquía e queren un xefe de Estado electo", di outra manifestante.

“Estabamos aquí para defender o simple principio democrático de que o xefe de Estado de Gran Bretaña debe ser elixido polo pobo e debe basearse no mérito e non herdarse sen o consentimento da cidadanía", engadía outro participante nas protestas.

Nesta xornada despregáronse máis de 11.000 policías para evitar incidentes e acabar con calquera intento de boicotear os actos oficiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade