Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manifestación en Vilagarcía en defensa da sanidade pública

Manifestación en Vilagarcía en defensa da sanidade pública

Piden reforzo de médicos na atención primaria e alertan do risco de privatización do sistema sanitario galego

G24.gal 14/10/2022 20:47 Última actualización 14/10/2022 21:07

Centos de persoas maniféstanse a esta hora en Vilagarcía en defensa da sanidade pública.

A protesta convocouna a Plataforma SOS Sanidade Pública do Salnés, e secúndana a maioría dos alcaldes da comarca e numerosos colectivos de diversa índole.

Os manifestantes reclaman máis dotación de persoal para os centros de saúde, que se mellore a calidade da asistencia e atención presencial como claves para resolver os problemas da atención primaria.

E alertan do risco, din, de desmantelamento e privatización do sistema sanitario galego.

Na protesta participou o o secretario xeral do PSdeG, que reclamou máis partidas para sanidade nos orzamentos da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos