Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mandayo "Todo o que viviremos ese día será emocionante"

Mandayo "Todo o que viviremos ese día será emocionante"

O tiktoker amósase ilusionado co enfrontamento ante o Vilarreal do vindeiro mércores

G24.gal 28/11/2021 09:18

O Victoria CF desputou este sábado  a súa última cita ante o Galicia de Mugardos, partido correspondente á undécima xornada da Preferente Norte. Fíxoo con derrota pola mínima e nos últimos minutos, pero iso agora semella ser o de menos. No conxunto coruñés xa están centrados no encontro máis importante da súa historia, a eliminatoria de Copa do Rei que desputarán ante o Vilarreal o mércores en Riazor. Miguel Mandanyo falou no Galicia en Goles das sensacións nos días previos a este acontecemento.

"Estabamos enfocados na Liga, que é o pan noso de cada día, pero agora, a pesar de estar fastidiados pola derrota toca pensar no seguinte partido. É difícil de imaxinar todo o que imos vivir ese día, xogando nese lugar, coas sensacións de toda a xornada, xa coa preparación, as horas previas, e ata a noite. Será unha tolemia. Xa pediron bastantes entradas, é de agradecer"

Miguel falou tamén sobre o Submarino Amarelo e o seu potencial, tras ser campión da Europa League  pasada temporada.

 

"Hai moitos xogadores cos que fai ilusión xogar: Raúl Albiol que foi campión do mundo, Pau Torres, Gerard Moreno, Pino, Parejo. Está cheo de estrelas.... Teño dúbidas de a quen pedirlle a camisola. A verdade, a ver a quen collo por diante ao final e me toca pedirlla."

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade