Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de trinta fogares de Vilagarcía teñen cortada a fibra óptica desde hai mes e medio

Máis de trinta fogares de Vilagarcía teñen cortada a fibra óptica desde hai mes e medio

Movistar traballaba este venres na reposición provisional do servizo 

A maioría son clientes de R e como a compañía non responde os veciños pídenlle axuda ao Concello para solucionar o problema

Imaxe deste venres da fachada onde tivo lugar o corte de mangueiras da fibra óptica hai mes e medio
G24.gal 26/08/2022 13:55

O corte das mangueiras de fibra óptica mantén interrompido o servizo de Internet e outras conexións en máis de trinta fogares na zona da estación de Vilagarcía. A maioría, neste edificio e usuarios da compañía R. María José é das prexudicadas: "Vai facer case dous meses e levo chamando a compañía infinidade de veces", di.

O problema xurdiu cando na rehabilitación da fachada lindeira pediron ás operadoras de teleforía que levaran a instalación de cables por outro lado porque a ían facer de pedra. As empresas non atenderon a petición e na segunda semana de xullo apareceron cortadas as mangueiras da fibra óptica. Este venres, dous técnicos traballaban para a reposición do servizo aos clientes de Movistar. Os de R seguen á espera e na mesma mañá Luis foi solicitar a intervención do Goberno local. Explica que "como R non responde imos ao Concello para pedirlle que nos axude na solución deste problema".

Mentres, algúns cambiaron de compañía telefónica e outros seguen sen o servizo e valéndose da telefonía móbil para suplir limitadamente o corte das conexións de fibra óptica. Xosé Manuel, outro prexudicado, afirma que el tampouco pode facer uso das dúas liñas de teléfono fixo e que a compañía, R., responde con evasivas á súa queixa. Como os demais prexudicados, tamén José Manuel sinala que xa o estado da instalación evidencia a desidia das operadoras.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade