Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 650 persoas participan nunha marcha de Vigo a Pontevedra contra a leucemia

Máis de 650 persoas participan nunha marcha de Vigo a Pontevedra contra a leucemia

Percorreron o camiño entre Vigo e Pontevedra para concienciar da importancia da doazón de medula ósea

En España hai máis de 465.000 persoas inscritas no rexistro de doadores

Participantes na edición número 14 da marcha solidaria contra a leucemia
G24.gal 04/06/2023 21:09 Última actualización 04/06/2023 21:23

Máis de 650 persoas participaron hoxe nunha marcha solidaria entre Vigo e Pontevedra para visibilizar a enfermidade da leucemia e concienciar da importancia da doazón de medula. O obxectivo é seguir ampliando o rexistro de doadores en España. 

Ás 9 da mañá os primeiros camiñantes botaban a andar en Vigo co seu equipamento encarnado, unha hora despois saían os máis rápidos, os corredores e os que precisan de vehículos adaptados ás súas necesidades para facer 35 quilómetros dun camiño pola vida. Fátima Fiaza, que perdeu ao seu sogro hai 10 anos, enfermo de leucemia, describía a marcha:

Un ambiente festivo, de celebración e de homenaxe á xente que xa non pode estar na marcha e de colaboración total. Onte fixo dez anos que meu sogro morreu de leucemia, entón este ano levamos a foto del aquí e participamos dunha maneira máis especial. 

Fan esta marcha, fundamentalmente para sumar doadores de medula ao rexistro. En España hai máis de 465.000 persoas inscritas pero é preciso amplialo para que haxa máis opcións de atopar compatibilidades, como recordou Montse Fernández, que participou na marcha mentres agarda por un transplante de páncreas e David Gil, presidente de asociación FRANGIL contra a Leucemia. 

É importantísimo. É regalar vida en vida, que é o máis importante. Eu estou pendente dun transplante de páncreas e eu necesito que falle alguén para poder vivir eu, pero no caso da medula non. Entón é fundamental que a xente se conciencie e poida doar.

O que pretendemos é chegar sobre todo á xente que non ten a enfermidade cerca, de entre 18 e 40 anos que sexan solidarios e que realmente queiran regalar vida en vida. 

Unha busca que non acaba nesta meta, porque a asociación FRANGIL mantena todos os días do ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade