Cargando resultados...
Máis de 2.700 ucraínos tratan de refacer as súas vidas en Galicia
No aniversario da invasión rusa, hai 257.000 ucraínos rexistrados en España
G24.gal
04/03/2023 15:30
Última actualización 04/03/2023 19:58
Dende que comezou a guerra de Ucraína 8 millóns de persoas marcharon do país.
Máis de 2.700 chegaron a Galicia e, nunca imaxinaron que un ano despois seguirían aquí, coa axuda xeral das distintas administracións e da xente de a pé.
Moitos buscan traballo para normalizar o seu futuro e para iso é moi importante aprender o idioma.