Cargando resultados...
Máis de 150.000 peregrinos fixeron o Camiño Portugués no que levamos de ano
Máis de 150.000 peregrinos fixeron o Camiño Portugués no que levamos de ano
Alfonso Rueda participou no acto conmemorativo dos 40 anos da recuperación das peregrinacións polos camiños portugueses
G24.gal
01/10/2024 19:35
Última actualización 01/10/2024 19:45
Máis de 150.000 peregrinos fixeron o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa no que levamos de ano.
O Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a boa saúde destas dúas rutas no acto conmemorativo dos 40 anos da recuperación das peregrinacións polos camiños portugueses.
Rueda lembrou que a Xunta vai comezar este mesmo mes no camiño portugués as actuacións para mellorar a seguridade viaria dos peregrinos nas que se van investir 40 millóns de euros.