Máis da metade dos pais e nais en España considera que os seus fillos xestionan mal os seus cartos
Nove de cada dez proxenitores consideran que eles mesmos son un bo modelo financeiro para os seus fillos
Pais e nais cren que os seus descendentes non xestionan ben os seus cartos. En España esta cifra sitúase no 51 %.
Nesta consideración igual ten algo que ver, segundo reflicte a propia enquisa, que nove de cada dez proxenitores consideran que eles mesmos son un bo modelo financeiro para os seus fillos. Son datos dunha enquisa realizada por unha financeira tecnolóxica de banca móbil con sede en Ámsterdam. Unha enquisa na que participaron 2.700 persoas de tres países: Francia, Países Baixos e España.
Catro de cada cinco países sabe canto ingresa e gasta o seu fillo ou filla cada mes. A enquisa tamén recolle que a familia segue a ser a principal fonte para aprender competencias financeiras.