Máis comunidades piden o certificado covid ante o aumento dos casos
En Cataluña ampliouse dende esta noite a restaurantes e bares
Navarra acaba de recibir o aval da xustiza
O certificado de vacinación para entrar nos locais vai ser unha medida obrigatoria en gran parte de España, ante a suba dos contaxios nas últimas semanas.
En Cataluña ampliouse dende esta noite a bares e restaurantes, ximnasios e residencias de maiores. Aragón acaba de implantalo e en Navarra entra en vigor a partir de mañá, despois de conseguir o aval da xustiza.
No País Vasco están pendentes do Supremo. Recorreron alí para implantar o certificado despois de que o tumbara o seu Tribunal de Xustiza e ante a ausencia de novas medidas a nivel estatal.
Tamén están pendentes dos tribunais outras comunidades como Castela e León ou Valencia
As autoridades sanitarias pensan que a petición do documento evita outras medidas máis impopulares e que pode animar a vacinarse ás persoas que aínda non o fixeron.
Iso, sumado ao reforzo coas terceiras doses están sendo as ferramentas principais da comunidades para loitar contra o incremento dos contaxios.
Aumentaron 11 puntos en 24 horas ata os 160 casos por 100.000 habitantes pero con pouco impacto nas UCI, que manteñen unha ocupación do 6 %, aínda en risco baixo.