Publicador de contidos

Publicador de contidos

Magnay exercítase co Obradoiro e apunta ao partido do Real Madrid

Magnay exercítase co Obradoiro e apunta ao partido do Real Madrid

O novo pivote australiano pasou o recoñecemento médico e está preparado para debutar na ACB

G24.gal 28/02/2023 21:06

Will Magnay pasou o recoñecemento médico e xa se adestra baixo as ordes de Moncho Fernández. O pivote australiano xa coñece os seus novos compañeiros e estrearase o vindeiro domingo no Sar ante o Real Madrid.

Magnay, con 2,08 de altura e 24 anos, chega ao equipo compostelán para substituír o lesionado Dragan Bender. O mércores será a súa presentación oficial como novo xogador obradoirista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade