Publicador de contidos

Publicador de contidos

Madrid acolle unha multitude coa visita do Papa

Madrid acolle unha multitude coa visita do Papa

Medio cento de patanllas retransmitiron o evento máis multitudinario

A Feira do Libro encheuse de xente tras a procesión

G24.gal 07/06/2026 21:10

Aínda estaba despuntando o sol en Madrid e xa había milleiros de persoas facendo ringleiras para coller sitio en Cibeles, mentres os máis privilexiados observaban e tomaban fotos desde os balcóns.

As imaxes aéreas evidencian a magnitude dun evento que despregou medio cento de pantallas xigantes no centro de Madrid para chegar ao case un millón douscentos mil espectadores alí congregados. Laicos, relixiosos de múltiples congregacións, cristianos ortodoxos, nenos e nenas de primeira comuñón...

Un dos momentos loxisticamente máis complicados foi, precisamente, a comuñón. Coa participación de sacerdotes, ministros extraordinarios e voluntarios asistenciais, paraugas en man, repartíronse medio millón de formas, consagradas parte delas neste centro cultural reconvertido en capela.

Tamén se repartiron pasteis, receita exclusiva para a ocasión. Un agasallo da comunidade de Madrid aos peregrinos que se esgotou rapidamente.

Tanta xente en Madrid, que chegou a todas partes. Na Feira do Libro houbo unha auténtica avalancha unha vez rematada a procesión. E nos Museos, celebraron unha noite en branco, e amarelo, na honra do pontífice, xestionada tamén por voluntarias.

Pero a anécdota que máis circulou nas redes foi o six seven co que León XIV agasallou os seguidores máis novos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos