Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mackay: "A expulsión de Castalia foi o momento máis complicado da miña carreira"

Mackay: "A expulsión de Castalia foi o momento máis complicado da miña carreira"

O gardameta non quixo entrar nos insultos que recibiu nas redes sociais

G24.gal 17/08/2023 12:44 Última actualización 17/08/2023 12:52

Ian Mackay falou por primeira vez despois da súa desafortunada tarde en Castalia. O meta coruñés recoñeceu pasalo francamente mal:

"Ao final do partido… pola miña cabeza pasou colgar as luvas. Tes dúbidas, ves que o que es aquí ponse en dúbida… son un porteiro sempre estable e que me pasase iso..." .

"Un partido non pode minguar a túa carreira e o que ti es. Non son unha persoa que se renda nin que se esconda. Cando van pasando os días pensan as cousas con calma, vas falando con máis xente".

Apuntou que volve con ganas:

"Tampouco imos mentir. Foi o momento máis complicado da miña carreira deportivamente falando, sen dúbida".

O gardameta non quixo entrar nos insultos que recibiu en redes sociais e preferiu quedar coas mensaxes de apoio referendados nos partidos de Riazor, "ía con dúbidas e ver como me recibiu a xente foi un alivio".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade