Cargando resultados...
Mª José Alonso: "Non sería bo que calquera nova infección produza alarma xeneralizada"
A catedrática de Farmacia fai un chamamento á prudencia respecto a vacina contra a varíola do mono
G24.gal
28/05/2022 11:39
María José Alonso, catedrática de Farmacia e premio Nacional de Investigación, considera que a aparición de calquera nova infección non debe espertar unha alarma xeneralizada.
Respecto á posibilidade de poñer a vacina contra a varíola do mono, fai un chamamento á prudencia e apela ao bo facer das autoridades competentes.
"Creo que as autoridades coñecen perfectamente este tipo de infeccións e vacinas e saberán decidir cando é o momento axeitado. Que pasaramos por unha pandemia non debe significar que ante calquera nova infección haxa unha alarma xeneralizada. Non sería bo", asegura.