A Xunta mantén a recomendación de usar a máscara en interiores
Galicia afronta o escenario da retirada das máscaras cun aumento de contaxios, dende o martes máis de 1.600 persoas colleron a infección cada día.
A Xunta reafírmase na recomendación de continuar coa ela posta nos espazos pechados de uso público así como nos eventos masivos aínda que sexan ao aire libre. Unha recomendación que se segue de xeito maioritario nos colexios, segundo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.
A información que temos do ámbito educativo é que maioritariamente está a usarse a máscara nese contexto de recomendación, unha recomendación que hai que recordar que é voluntaria, que os cidadáns a poden pór ou non, pero si que estamos vendo que maioritariamente están a levala. Nós cremos que é momento de prudencia, a incidencia acumulada é moi alta, ben é certo que non é agora mesmo o parámetro de seguimento da pandemia.
Na mesma idea abundou o conselleiro de Educación, Román Rodríguez.
Recomendamos que voluntariamente se manteñan por unha cuestión de prudencia e respecto. Estamos ao final da pandemia pero non rematou.
No ámbito sanitario e nos transportes públicos, onde o uso é obrigatorio, di o Goberno que a norma se está a cumprir e moitas empresas decidiron manter as máscaras nos seus centros de traballo.