Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luis Casais, galego na selección de fútbol de Rusia: "Preocúpame o sufrimento da xente"

Luis Casais, galego na selección de fútbol de Rusia: "Preocúpame o sufrimento da xente"

O de Ribeira é o preparador físico da selección, a carón de Valeri Karpin

G24.gal 28/02/2022 14:54

A actualidade do deporte segue marcada por Ucraína. En diferentes deportes se están tomando medidas de castigo para Rusia e os seus deportistas. Por Zona mixta pasou o preparador físico da selección de Rusia, o ribeirense Luis Casais

Sen data de regreso a Rusia

"Estou en España, non puiden volver a Rusia. Estivemos en parada invernal como sempre seguindo xogadores rusos aquí. A nosa idea era voltar alí, pero estamos esperando novos antes de ir coa Selección. Rostov está moi preto do Donbass".

"O conflito no Donbass é explícito desde hai 8 anos, con combates armados con máis ou menos intensidade. Karpin si que está en Rostov, ten parte da familia alí e está preocupado. Díxome que esperase antes de volver e a ver se imos competir e onde sería. Hai que esperar".

"Hai que coñecer a historia e a complexidade da situación. Non se trata de posicionarse dun lado ou doutro. Nós temos que acatar o que nos veña dado desde o punto de vista deportivo. Veremos se queda no ámbito da presión. Estes temas acábanos pagando a xente de a pé".

Un futuro político e deportivo incertos

"A reunión da UEFA segue no comunicado a xurisprudencia do Comité Olímpico. A resolución non é firme, e deixa a porta aberta a novas decisións dependendo do conflito e como vaia avanzando. Poderiamos quedar fóra do Mundial, claro".

"Nós vivimos unha situación deportiva, non queremos ir máis aló do fútbol. Non poden pagar xustos por pecadores. Mantemos unha relación cos directivos estritamente relacionada co deporte e así as asumimos. A ver se se pode manter á marxe do conflito ou non o deporte".

"Hai que ver con perspectiva esta situación, vén de atrás. O cidadán de a pé non ten moitas veces moito que facer en cuestións que o superan. Ás veces estou contento de ter este pasaporte e outras non tanto. A min preocúpame o sufrimento da xente, sexa quen sexa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade