Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo abóase ao empate sen goles no Anxo Carro

O Lugo abóase ao empate sen goles no Anxo Carro

O Tenerife gozou das mellores ocasións pero atopouse cun Whalley moi inspirado

G24.gal 07/04/2023 19:34 Última actualización 07/04/2023 20:21

Sexto empate sen goles no Anxo Carro no que vai de temporada o que asinaron Lugo e Tenerife. O equipo lucense xa leva 14 xornadas sen gañar e deu outro paso atrás para a permanencia.

Primeiro tempo parello no control do xogo pero con mellores oportunidades para o Tenerife. O primeiro aviso serio deuno Enric Gallego no minuto 27 cun remate que detivo Whalley. Respondeu Baena no 31 co primeiro lanzamento entre os tres paus dos lucenses. Nos últimos dez minutos o equipo visitante tivo dúas grandes ocasións para adiantarse cunha cabezada de Borja Garcés e un remate ao traveseiro de Nacho Martínez no engadido. 

O segundo tempo non mellorou as prestacións do equipo de Íñigo Vélez que apenas tivo ocasións de gol. Outra vez Whalley estivo salvador para deter un remate de Iván Romero no 58. No 64 Valdo cruzou en exceso cando estaba nunha posición inmellorable. O Tenerife dominou pero non converteu. O Lugo tivo un bo treito final con oportunidades de Antoni López e Scepovic pero acadou un punto insuficiente. Desde a chegada de Íñigo Vélez só marcou un gol en cinco partidos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar