Lucas Pérez, sancionado con dous partidos tras a súa expulsión ante o Teruel
Lucas Pérez, sancionado con dous partidos tras a súa expulsión ante o Teruel
O Deportivo anuncia que presentará un recurso de apelación
Lucas Pérez non poderá xogar os dous próximos partidos. O dianteiro coruñés viu o cartón vermello directo o pasado domingo ante o Teruel tras propinarlle unha patada a un futbolistas do conxunto aragonés e non estará dispoñible para os seguintes compromisos do conxunto dirixido por Imanol Idiákez.
Perderase por tanto o choque desta semana fronte a Unionistas de Salamanca e o da próxima ante o Cornellà en Riazor. Tal e como explicou o árbitro Ruiz Álvarez na acta, "no minuto 31 o xogador Lucas Pérez foi expulsado polo seguinte motivo: dar unha patada a un adversario sen estar o balón en circunstancia de ser xogado".
Ante a sanción de dous partidos ao seu dianteiro e segundo capitán, o Deportivo presentará un recurso a Apelación coa intención de que o castigo se vexa reducido