Cargando resultados...
Lucas Pérez: "Esta categoría non está feita para min"
Despois de fallar o penalti o dianteiro do Deportivo tomouno con sentido do humor: "Foi un esvarón de manual"
G24.gal
17/03/2024 11:03
Unha das imaxes do partido do Deportivo foi o erro do penalti de Lucas Pérez. O dianteiro coruñés compareceu diante dos xornalistas e tomou o erro con sentido do humor: "Foi un esvarón de manual", comentou o de Monelos que engadiu: "Río por non chorar".
Tamén repasou a xeira de infortunios que está a ter desde a súa chegada ao Deportivo hai pouco máis dun ano. "A Primeira Federación non está feita para min, pásanme cousas moi raras. Expúlsanme, esvaro...". O que quere Lucas é rematar con este periplo dunha vez por todas: "A ver se este é meu último ano nesta categoría", rematou dicindo Lucas.