Luar na Lubre reivindica no seu traballo de 40 aniversario a súa "música de raíz celta"
A banda estrea novo formato discográfico, que inclúe 13 temas inéditos e unha trintena de colaboracións
O grupo ofreceu 2.500 concertos en máis de 30 países
Acto de presentación do último traballo de Luar na Lubre. TVG
Luar na Lubre presentou este mércores na Coruña, cidade na que se fundou o grupo en 1986, o seu traballo número 21 baixo o título 'Lubre - 40 aniversario'.
Tras catro décadas de traxectoria profesional e con 20 álbums, o grupo estrea novo formato discográfico, que inclúe 13 temas inéditos e unha trintena de colaboracións.
A presentación tivo lugar no espazo cultural Portas Ártabras e participaron varios membros da banda acompañados da filóloga Dolores González, do antropólogo Lois Ladra e do escritor, historiador e arqueólogo Felipe-Senén López.
"Somos das poucas bandas que dicimos que fai música de raíz celta", di o fundador
Bieito Romero, membro fundador do grupo, defendeu que é "alucinante" "poder estar aquí e poder emocionar aínda despois de tanto tempo".
Cualificou como "marabilloso" o mundo da música, a pesar de ser "cambiante" e de ter unha alta "complexidade". Esta é especialmente transcendente na "música folk galega que se chama de raíz celta": "Somos das poucas bandas que dicimos que fai música de raíz celta", engadiu.
Xavier Ferreiro, percusionista e encargado dos efectos, desvelou que o álbum "se estrutura a través de tres universos musicais que dialogan entre si", que están formados por catro temas instrumentais, outros catro corais e catro cancións máis líricas.
Engadiu que a gravación empezou en maio de 2025 e o último dos temas chegou a mediados de maio de 2026, cun ano de traballo en gravación por capas na que se constrúe "aos poucos" con "unha identidade profundamente galega, pero á vez universal".
13 temas inéditos e 30 colaboracións
“Lubre ” é un audiolibro con 13 temas inéditos e 30 colaboracións que dan conta da importante pegada musical de Luar na Lubre a nivel nacional e internacional.
A presentación estivo a cargo de Bieito Romero, líder e fundador da banda; acompañado doutros integrantes do grupo como Bieito Romero Diéguez (gaita), Nuria Naya (violinista) e Xavier Ferreiro (percusión). Tamén participarán na presentación a filóloga Dolores González, ou antropólogo Lois Ladra e ou escritor, historiador e arqueólogo Felipe-Senén López.
Historiadores, escritores, dramaturgos ou debuxantes colaboraron na parte litararia deste novo traballo: Alfredo Erias, Ana Filgueiras, Antón Castro, Bieito Ledo, Biel Domínguez,Cris Naya, Dolores González, Emilio Mesías, Estefanía Domínguez, Felipe Senén, Iolanda Aldrey, Joâo Carré, José Manuel Barbosa, David Fernández, Lois Ladra, Manel Calderón, Manolo Rico, Miguel Anxo Prado, Navia Franco, Pablo Núñez, Pedro Castro Couto, Rafa Quintía, Raquel Gamallo, Rodrigo Costoya, Sonia Drusila Trovato, Vitor González, Xabier Cordal, Xabier Maceiras e Xosé Vázquez Liste.
Trátase de persoas coas que, a longo destes 40 anos, Luar na Lubre compartiu música, experiencias, viaxes e afectos, contribuíndo a construír a historia deste grupo. O audiolibro pretende ser, tamén, unha homenaxe a todas elas e unha memoria colectiva dun camiño percorrido en común.
Máis de 2.500 concertos
Despois de catro décadas de traxectoria profesional, vinte álbums e máis de 2.500 concertos, ou grupo atrévese con este novo formato discográfico, que sae á luz da man da editorial Baía Edicións.
“Lubre” publícase apenas un ano despois de que a Real Academia Galega (RAG) incorporase o termo lubre ao seu dicionario, unha proposta trasladada por Bieito Romero como un xeito de recuperar e recoñecer ou valor histórico e literario da palabra que conforma, tamén, ou nome da emblemática formación musical.